30 mar 2011

Dulces sonos Aroa...



Pintaría o blog de debuxiños con tantos pequeniños e pequeniñas o noso redor....
Benvida ti tamen Aroa.
De seguro encantaranos verte pola Airexa  crecer....Dando os primeiros pasiños....correndo, rindo, chorando, xogando, falando...atopando misiños e descubrindo buchitos....
¡Cantas cousas por descubrir Aroa!
Cantaríache unha nana pero como ben sei que non soaría moi ben mellor shhhhhh shhhhhh...escoita...escoita... que de seguro a teu pai tamen lle gustará escoitala da man de Fuxan os ventos...


Biquiños Aroa

16 mar 2011

Alejandra

Ayyyy como me parto!! Jajaja Aquí xa cheguei eu!! Preparaibos que xa vedes que con apenas unhos días que espabilada salín!! Aquí vos deixo o meu sorriso;


Benvida Alejandra. Seguro a todos encántanos o teu sorriso e dende logo e unha bonita maneira de presentarse. Préparate porque as ter un montón de amiguiños a quen contaxiar esa enerxía... Uns xa esperándote e outros moitos en camiño..

10 mar 2011

Un pequeno entroido

Pasou o entroido e non vimos moitos disfraces este ano.. Os veciños de Bolmente non nos amenizaron as festas asique houbo que recurrir a outros inxenios...



E a ver se sabedes quen é?
Unha pista;
E uha habitante das nosas aldeas...
Unha habitante de todos os días. De Inverno. De verao. Dos luns e dos domingos...
E que  alguns de nos; os visitantes (que ahora xa somos a maioría) encántanos vela pasar, coa vara ceibando as vacas e co luki detrás...

8 mar 2011

Ayayay...las fases de la luna

Resultou que nos con tantas ganas de podar a viña olvidamos o das fases da lua...
Resultou que non o tiñamos moi claro e resultou tamén que había deversidade de opinions ...
A ver quen saca conclusions...



O que parece quedar claro e que o 19 de marzo vamos estar todos buscando a lua redondiña redondiña...Ahora ben, ¿en qué fase da lua temos que podar? e...a pregunta do millón... Se hai catro fases no mes...¿cándo empeza e remata cada fase con respecto as datas que marcan os calendarios?
A ver, a ver que siga o debate...A buscar información e dar respostas navegantes..
Eu ainda non o teño claro....