A ver a ver...pregunta de exame:
¿Onde están as velas na vosa casa?
E non falo desas aromáticas ou de decoración que tanto se ven últimamente...(ainda que dado o caso ben valen para alumar se se nos vai a luz..)
O caso e que este pasado fin de semana tronou por Veleigaz e foise a luz. Recordoume o medo que pasaba de pequena....O olor a herba mollada e metidos todos nas camas acochegadillos escoitando a chuvia caer nos tellados...Ou se a cousa se puña fea fea... xa estaba anduriña meténdonos as pequenas no coche...por si acaso.
Empezaban entón aquelas historias de...
....seica en liñanes o trono matou unha vaca...e temén, non sei onde, partiu unha árbore polo medio....
Ufff que tembleque..... Non chegaba co ruido que facía, que tiñamos que saber que os cornos das vacas atraían o trono....Eu creo que quedoume trauma dende aquela ....
Pois ben, que quedamos sen luz, sen auga e como o mobil non tiña moita batería... pouco lle faltou para quedar incomunicados ... Menos mal que a cociña ainda vai a gas.... Non foron mais dunhas horas pero dabondo para esa nova viaxe no tempo ... Viaxe que temos a sorte de disfrutar os que vamos a eses lugares... lugares chamados neste caso Veleigaz, ónde ainda sabemos rapidamente do sitio das velas e do foco...
e onde claro está volve a luz nalgún momento...porque si no...ai que iba ser de nos!